Benvido o noso blog

O noso equipo de traballo de Educación Infantil creou un blog que trata sobre a alimentación.

O obxectivo deste blog é intentar que os nosos lector@s (principalmente educadores) podan mellorar a práctica docente e que introduzan hábitos de vida saludables e sobre todo que reflexionen sobre o tema da alimentación creando así unha mellora na calidade de vida.

♫ Benvidos ó noso blog! ♫
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación e nutrición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación e nutrición. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de octubre de 2011

Almorzos saudables na provincia de Ourense

O almorzo é unha das tomas do día más importantes e debería cubrir, ao menos, o 25% das necesidades nutritivas do escolar. O tipo de alimentos que o compoñen, ao seren xeralmente moi do gusto dos nenos, facilita que esta recomendación se cumpla.
As présas por chegar á escola e a somnolencia dos primeiros momentos da maña, en ocasións impiden realizar a primeira comida do día correctamente, o que pode provocar unha diminución da atención e do rendemiento nas primeiras horas de clase. A familia debe tratar de organizar o seu tempo para que o escolar poida disfrutar dun bo almorzo.
Non se debe substituií nunca un almorzo completo por alimentos de bollería.


¿Cal é a receita para empezar ben o día? Din os expertos que o almorzo, a comida máis importante do día, pasa por combinar froita, pan, aceite (nada de bollería industrial) e xamón. En Ourense, dende a Concellería de Educación, que dirixe a socialista Ana Garrido, tomaron boa nota e a recomendación de médicos e nutricionistas materialízase na campaña ’almorzos saludables’, que se estrenó no CEIP Vistahermosa en Outubro do ano 2007. Durante o curso académico, ao redor de 800 nenos de primeiro e segundo de Primaria iniciaranse en bos hábitos alimenticios. A iniciativa municipal ofrecerá en doUs ocasións aos alumnos dos 17 colegios públicos da cidade a oportunidade de almorzar ben. ’Queremos reforzar a idea da importancia que ten facer un bo almorzo tanto para o rendemiento escolar como para educar aos nenos para a saúde. Se comes ben, vivirás mellor’, apuntou a concelleira Ana Garrido.
 Nada ha quedado al azar, e o Concello tamén contempla a posibilidade dun menú alternativo para nenos celíacos. Da mesma forma que no tercer trimestre, dende a concellería porán en marcha unha segunda fase do programa e así as merendas saudables serán unha realidade no último período do curso.



http://www.youtube.com/watch?v=gjgw5kwL3X0

FONTE:youtube.com
Alimentación e nutrición
Area de si mesmo e coñecemento persoal
Todos os ciclos de Educación Infantil.

Irene Varela Carpintero

jueves, 22 de septiembre de 2011

O almorzo, de grande importancia para os maiores e pequenos.

Nesta reportaxe fálase da necesidade e importancia que o almorzo ocupa e debe ocupar sempre nas nosas vidas dende que nacemos.

Non soamente trátase de comer ben ao seguir unha dieta saudable; non podemos saltarnos comidas ao longo do día. Para moitos especialistas, o almorzo é unha das comidas con maior importancia. Na reportaxe expónse que soamente o 25% dos escolares realiza un almorzo adecuado, e é unha cifra que nos alarma. Quizáis concienciando ás familias e informando aos alumnos/as poidamos conseguir que ese 25% creza ata acadar o 100% de escolares que realizan un almorzo saudable e suficiente. A alimentación é a base necesaria para un bo desenvolvemento físico, psíquico e social dos nenos.

Unha alimentación óptima ampáranos contra numerosas enfermidades infantís, que poden deixar serias marcas nos nenos de por vida. Unha boa nutrición e unha boa saúde están directamente relacionadas a través do tempo de vida, pero a relación é aínda máis vital durante a infancia, xa que neste periodo os nenos deben adquirir bos hábitos alimenticios.





Ciclos: 1º, 2º y 3º de Educación Infantil.
Área de coñecemento: Área do coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O coidado persoal e a saúde.
Criterios de avaliación:Coñecer os hábitos saudables. 
Fontes consultadas: http://youtu.be/MvxvT17UJns

Publicado por: Irene Varela Carpintero

martes, 20 de septiembre de 2011

¿Que nos brinda a alimentación?

De seguido amosámosche unha breve explicación apoiada dun vídeo sobre os conceptos que imos ver no noso blog.
O primeiro que imos facer é definir o termo alimentación que consiste na inxestión de alimentos por parte dos seres vivos para cubrir as súas necesidades alimenticias. Xa que a través dela conseguimos proteínas, vitaminas, auga, hidratos de carbono, minerais, graxas e fibra, entre outras, necesarias para o noso organismo.



Esta explicación está dirixida ao segundo ciclo de Educación Infantil comprendido entre 3-6 anos, especialmente aos últimos anos de dita etapa.
Con este post pretendemos fomentar a área de coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
Respecto a avaliación o fin será coñecer en que consiste a alimentación e que se consegue a través dela.
O bloque de contidos é: a alimentación e o noso organismo.


A área de coñecemento, bloque de contidos e criterios de avaliación foron extraídos do Decreto 330/2009 do 4 de Xuño polo que se establece o currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

O vídeo foi extraído da páxina web: www.youtube.com

Publicado por: Rebeca Montes Cobián