Facendo referencia ao anterior presentamos cales son as principais dificultades que nos podemos atopar na alimentación e algunhas pautas para correxilas.
Podemos encontrar que os nenos e nenas mostran inapetencia ou rexeitamento cara os alimentos. A inapetencia pode ser debido a acontecementos familiares ou sociais, por un proceso inadecuado de aprendizaxe ou por unha causa física.
¿Qué podemos facer?. Se a inapetencia é continua será necesaria a valoración dun pediatra para determinar si o neno/a necesita un aporte vitamínico ou un tratamento de estimulación do apetito. Se a ausencia coincide con: enfermidade, nacemento dun irmán… debese entender coma unha chamada de atención ou como síntoma dun estado de ánimo baixo no cal os pais poden acudir a un profesional.
No caso de que sexa por un aprendizaxe inadecuado nos hábitos da comida temos que ter en conta que parte das condutas dos máis pequenos dependen das dos seus pais.
É importante establecer unhas pautas básicas como:
- que o acto de comer sexa relaxado e tranquilo.
- que se estea na mesa durante o tempo da comida sen levantarse.
- na medida do posible, intentar que comer sexa un acto de convivencia e encontro evitando que cada un coma a súa hora para non crear condutas de imitación.
- evitar mentres se coma ver a tv, xogar ou ler o xornal …
- establecer unhas formas de comer adecuadas de maneira progresiva. É dicir, que o neno/a coñeza as normas da súa casa: uso da servilleta, postura na mesa, emprego de garfos..
- Convén negociar con antelación unha cantidade mínima (sobre todo de aqueles alimentos rexeitados por o neno/a) e ir ampliando a cantidade pouco a pouco.
- Evitar comer entre horas e abusar de doces e lambetadas.
NEGATIVISMO
Como pautas a ter en conta para la prevención y tratamento das condutas negativas propoñemos as seguintes:
a) Probar todo tipo de alimentos dende as primeiras idades.
c) Por parte do adulto, non perder os nervios, non gritar, nin amenazar; en definitiva, non convertir a comida nunha loita ou relación de poder na que frecuentemente “gaña” o neno/a.
d) Dende moi pequenos, negociar a cantidade mínima de “cada prato a comer”, e que sexa o neno/a quen se sirva. De esta forma, favoreceremos a súa autonomía, independencia e a responsabilidade da súa elección.
e) Non substituir nunca un alimento rexeitado por outro de maior agrado porque éste é o inicio dun negativismo progresivo que se pode estender a outras condutas e situacións.
g) Valorar calquera aproximación á conduta desexada por o adulto mediante reforzos preferentemente afectivosociais (alabanzas, valoración, compartir tempo).
Entre as situacións de maior dificultade na conduta alimentaria destacamos:
a obesidade, a anorexia e a bulimia, sendo a obesidade a de maior incidencia na sociedade occidental e das que falaremos máis adiante.
Ciclos: 1º, 2º, 3º de infantil
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contido: Dificultades máis frecuentes na alimentación
Criterios de avaliación: creación de hábitos saudables.
Fontes consultadas: documentos de interés de faitic- hábitos saudables
Publicado por Bibiana Varela Tombo
No hay comentarios:
Publicar un comentario