De 3-6 anos
Coa nutrición pretendese conseguir un bo desenvolvemento e evitar carencias nutricionais e previr enfermidades con alta morbilidade y mortabilidade no adulto relacionadas coa dieta; por iso é moi importante coñecer as necesidades nutricionais para unha alimentación ideal.
Esta etapa é un período de crecemento estable, na cal a diferenza da etapa anterior que era de crecemento acelerado propia dos lactantes os nenos e nenas que a comprendan necesitarán menos necesidades. O neno ou nena separase da súa familia rompéndose a súa dependencia principalmente materna e ampliándose así outros ámbitos socioculturais. O seu inicio na escola permítelles conseguir certa autonomía na súa alimentación ao realizalas fora da casa sendo moi importante que tanto a familia coma a escola se impliquen nuns hábitos alimentarios podendo intervir nos factores ambientais onde xogan un papel importante os compañeiros cos que introducirá novos hábitos e complementándoos coa súa familia.
Os cambios na alimentación sempre deben ser lentos e graduais cunha planificación entre ambas partes que contemple as necesidades dos nenos.
As recomendacións dietéticas para esta idade son as seguintes:
Auga: sobre 1-1,5 ml por Kcal metabolizada.
Enerxía: esta debe ser de acordo co peso e talla adecuado o súa idade e sexo podendo haber algunha variedade según as actividades que se realicen sexan estas moderadas ou lixeiras.
Proteínas: as de orixe animal deben proporcionar aproximadamente o 65 por 100 das necesidades proteicas nos preescolares aumentándoas no caso dun exercicio intenso, estres producido por unha infección, febre ou trauma
Lípidos: no se deben exceder do 30 por 100 da enerxía sendo aumentable ata un 35-38 por 100. El aporte de graxas saturadas debe ser menos dun 10 por 100 do valor calórico total da dieta e a inxesta de colesterol será inferior a 300 mg/día sendo importante aportar unha cantidade de ácidos graxos esenciais sen pasar do 10 por 100 do aporte calórico total.
Carbohidratos: un 50 por 100 da enerxía debe ser con hidratos de carbono preferentemente os que conteñen fibra e evitando un exceso de azucres.
Vitaminas liposolubles (nesta clasificación entran as que se disolven en graxas e aceites): debese ter un correcto aporte e absorción de graxas para conseguilas e serian: vitamina A( encontrase na leite, a xema do ovo e certas verduras), D (na leite, no ovo entre outros ),E (soja, os cereais, na xema do ovo e algúns vexetais ),K (presente nas verduras de folla escura, carne de porco e no fígado).
Vitaminas hidrosolubles (entran as que se disolven en auga): serian : Vitamina C: encontrase nalgunhas froitas (laranxa, kiwi, limón), as espinacas, a leite e a carne entre outros alimentos.
Vitaminas do complexo B: Vitamina B1 o Tiamina, Vitamina B2 o Riboflavina, Vitamina B3 o Niacina, Vitamina B5 o Ácido Pantoténico, Vitamina B6 o Piridoxina, Vitamina B8 o Biotina, Vitamina B9 o Ácido fólico y la Vitamina B12 o Cianocobalamina. Os alimentos que conteñen estas vitaminas son o pescado, os produtos lácteos, o fígado, a carne de polo, a levadura de cervexa, os vexetais de follas escuras, os cereais e o ovo.
Minerais: Calcio (leite e produtos lácteos, vexetais de folla verde, brócoli, sardiñas, ameixas.
Requerimento: 800 miligramos. Fósforo (Carne, pescado, aves, legumes, leite, produtos lácteos, cereais, bebidas suaves. Requerimento: 800 miligramos. Magnesio (Grans, noces, vexetais cafés, legumes. Requerimento: 300-400 miligramos. Potasio (Cítricos, plátanos.
Sodio (Sal, mariscos, leite, ovos; abundante en casi todos os alimentos excepto en froitas.
Ferro (fígado, carne, pescado, aves, xema de ovo, legumes, grans, froitas secas, vexetais de folla verde. Requerimento: 10-18 miligramos. Cobre(fígado, riñóns, mariscos, grans, noces, legumes, chocolate. Requerimento: 2-3 miligramos. Zinc (Fígado, mariscos, ovos, carne. Requerimento: 15 miligramos. Iodo (Sal Iodatada, mariscos, auga. Requerimento: 150 microgramos. Fluoruro ( Auga con fluoruro, café, té, frixol, espinaca, xelatina, allo, leituga.
Ciclos: 1º, 2º, 3º de infantil
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contido: os alimentos
Criterios de avaliación: coñecer os hábitos saudables
Fontes consultadas: M.hernández Rodríguez, 1993. Alimentación infantil. Ediciones Díaz de Santos. http://youtu.be/eo_gaEPSVMQ
Publicado por Bibiana Varela Tombo