De seguido amosámosche unha breve explicación apoiada dun vídeo sobre os conceptos que imos ver no noso blog.
O primeiro que imos facer é definir o termo alimentación que consiste na inxestión de alimentos por parte dos seres vivos para cubrir as súas necesidades alimenticias. Xa que a través dela conseguimos proteínas, vitaminas, auga, hidratos de carbono, minerais, graxas e fibra, entre outras, necesarias para o noso organismo.
Esta explicación está dirixida ao segundo ciclo de Educación Infantil comprendido entre 3-6 anos, especialmente aos últimos anos de dita etapa.
Con este post pretendemos fomentar a área de coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
Respecto a avaliación o fin será coñecer en que consiste a alimentación e que se consegue a través dela.
O bloque de contidos é: a alimentación e o noso organismo.
A área de coñecemento, bloque de contidos e criterios de avaliación foron extraídos do Decreto 330/2009 do 4 de Xuño polo que se establece o currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
O vídeo foi extraído da páxina web: www.youtube.com
Publicado por: Rebeca Montes Cobián
No hay comentarios:
Publicar un comentario