Benvido o noso blog

O noso equipo de traballo de Educación Infantil creou un blog que trata sobre a alimentación.

O obxectivo deste blog é intentar que os nosos lector@s (principalmente educadores) podan mellorar a práctica docente e que introduzan hábitos de vida saludables e sobre todo que reflexionen sobre o tema da alimentación creando así unha mellora na calidade de vida.

♫ Benvidos ó noso blog! ♫

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Batido de frutas mixtas

Moita xente pensará que os batidos no son unha das comidas máis axeitadas para os nosos nenos, debido os altos contidos de graxas e azucres que poidan ter, pero no sempre é así.

De seguido amósobos unha receita dun batido do máis saudable, xa que contén unha gran cantidade de froitas imprescindibles para a nosa alimentación. Espero que con isto poidamos integrar novos batidos saudables na nosa dieta.

RECEITA:

Coloca na licuadora uns anacos de plátano, media maza, un puñado de amorodos, arándanos e algunhas outras froitas que teñas a man. Engade unha cullerada de crema batida xunto con dúas tazas de leite desnatada en pó. Por último, agrega uns xeos picados. Licua enerxeticamente e se gustas ao servir, adorna con améndoas picadas e cereixas.

A continuación imos analizar o ciclo, a área, o bloque de contidos e avaliación desta actividade.

Ciclo: tanto para o primeiro ciclo (0-3), como para o segundo (3-6).

Área: coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.

Bloque de contidos: alimentación creativa

Criterios de avaliación: identificar as froitas, recoñecer a súa autonomía a hora de realizar a actividade.

Identificadores especifícos: desenvolvemento de prácticas diferentes o cotián e desenvolvemento da tarefa no taller de cociña.

Tanto a área de contidos, bloque de contidos e criterios de evaluación foron extraídos do Decreto 330/2009 do 4 de Xuño polo que se establece o currículum de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

A páxina web da que extraín a receita é: http://blogalimentos.com/recetas-de-batidos-saludables-para-ninos/

Publicado por: Alba Prieto Rolán

3 comentarios:

  1. Repasa o texto, tes faltas?????

    ResponderEliminar
  2. Haciendo recetas con los niños podemos enseñarle que comer en este caso fruta puede ser divertido y ni darse cuente de que no les guste. Me parece una actividad muy interesante. Ana Vázquez Álvarez

    ResponderEliminar
  3. Me parece una actividad muy interesante que los niños puedan hacer sus propios batidos y vean la comida como algo divertido y lleguen a comer de todo.
    Ana Vázquez Álvarez

    ResponderEliminar