Benvido o noso blog

O noso equipo de traballo de Educación Infantil creou un blog que trata sobre a alimentación.

O obxectivo deste blog é intentar que os nosos lector@s (principalmente educadores) podan mellorar a práctica docente e que introduzan hábitos de vida saludables e sobre todo que reflexionen sobre o tema da alimentación creando así unha mellora na calidade de vida.

♫ Benvidos ó noso blog! ♫

jueves, 22 de septiembre de 2011

O almorzo, de grande importancia para os maiores e pequenos.

Nesta reportaxe fálase da necesidade e importancia que o almorzo ocupa e debe ocupar sempre nas nosas vidas dende que nacemos.

Non soamente trátase de comer ben ao seguir unha dieta saudable; non podemos saltarnos comidas ao longo do día. Para moitos especialistas, o almorzo é unha das comidas con maior importancia. Na reportaxe expónse que soamente o 25% dos escolares realiza un almorzo adecuado, e é unha cifra que nos alarma. Quizáis concienciando ás familias e informando aos alumnos/as poidamos conseguir que ese 25% creza ata acadar o 100% de escolares que realizan un almorzo saudable e suficiente. A alimentación é a base necesaria para un bo desenvolvemento físico, psíquico e social dos nenos.

Unha alimentación óptima ampáranos contra numerosas enfermidades infantís, que poden deixar serias marcas nos nenos de por vida. Unha boa nutrición e unha boa saúde están directamente relacionadas a través do tempo de vida, pero a relación é aínda máis vital durante a infancia, xa que neste periodo os nenos deben adquirir bos hábitos alimenticios.





Ciclos: 1º, 2º y 3º de Educación Infantil.
Área de coñecemento: Área do coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O coidado persoal e a saúde.
Criterios de avaliación:Coñecer os hábitos saudables. 
Fontes consultadas: http://youtu.be/MvxvT17UJns

Publicado por: Irene Varela Carpintero

7 comentarios:

  1. Sabes se existe ou existiu este tipo de programas na Concellerá de Educación do Concello de Ourense?. Poderías indagalo e informarnos cando sexa a actividade 3.
    Carmen (profesora)

    ResponderEliminar
  2. Vexo o vídeo interesante porque é necesario concienciar aos nenos que fagan unha comida tan importante como é o almorzo. Lémbrome cando era neno e moitos días noo o facía e agradecería iniciativas tan útiles como fai a comunidade de Madrid. Ademáis hoxe en día temos un problema importante co sobrepeso dos nenos polo que é necesario conciencialos dende pequenos.
    Un saúdo
    David Bobillo Añel

    ResponderEliminar
  3. Os nenos deben aprender que o almorzo é a comida máis importante do día e que non se pode "saltar" porque cando máis enerxía gastan é cando están no colexio estudiando. O problema é, que se os pais non o fan a cotío e non teñen ese hábito, é moi dificil que o inculquen estes valores aos seus fillos

    ResponderEliminar
  4. Paréceme interesante mencionar no ámbito das comidas xa non só o que se come senón tamén a reparticón destas comidas, facendo hincapé en que hai que almorzar e merendar ademáis de cear e xantar.

    ResponderEliminar
  5. A alimentación e sobretodo o almorzo cando os nenos teñen que ir a clases, é moi imporatante. Todos os nenos deben comer de forma óptima para rendir da mellor forma posible. Este post resultame de gran importancia como información adicional que moitos pais parece que non coñecen.

    ResponderEliminar
  6. O vídeo fala dun tema que deberíamos ter máis en conta e dende a escola é necesario traballar. A cifra de nen@s que non almorzan é demasiado grande, descoñecía que a porcentaxe fose tan alta...
    Vendo isto, coido que tan importante é concienciar ós nenos como ás familias, xa que cos datos que amosa vese que estas non están concienciadas da importancia disto. Tamén me pareceu interesante o que dixo a enfermeira que imparte o taller acerca da importancia da merenda, pois se non toman algo a media tarde, os cativ@s chegan con moita fame á hora da cea e esta ten que ser máis ben lixeira.

    ResponderEliminar
  7. O tema do video paréceme moi interesante e nós como futuros docentes debiamos traballar este tema na aula de Educación Infantil. Concienciar aos nenos da importacia dunha boa alimentación e da necesidade de almorzar como é debido. Debemos de tratar que esta información chegue tamén aos pais para que os nenos sexan acostumados dende pequenos a almorzar todos os días

    ResponderEliminar